Cabodano da pequena Asunta Basterra asasinada presuntamente por seus pais, un día precedido da polémica pola publicación dunha esquela en varios xornais que asina a súa nai, cun "Te querre siempre", que omite os seus apelidos. O seu abogado nega que sexa unha estratexia da defensa.Incautados 77 mil kilos de peixe e marisco furtivos nos primeiros oito meses do ano, principalmente de xarda, xurelo, polbo e ameixa.150 persoas foron imputadas por pescar ou mariscar sen licenza.Empeza o outono cuns primeiros dias de antiticlón, e remata o verán, húmido e chuviñento. Celta e Deportivo deixan atrás os resultados da fin de semana, para centrarse no derbi de mañá en Balaídos, ante o que ninguén quere falar de favoritos. Ourense ofrece hoxe de balde as viaxes no autobús urbano para animar a usar o transporte público, que aló utilizan só o 11% dos cidadáns. (22/09/14)