O novo Presidente do Deportivo, Tino Fernández, visitou esta mañá aos xogadores e corpo técnico, mentres adestraban nas instalacións do clube. Transmitiulles mensaxes de ánimo e de tranquilidade. Pediulles que se concentren no traballo para conservar o posto privilexiado na clasificación e prometeulles esforzo para superar os problemas económicos // Aberta unha investigación xudicial sobre a actuación dun ex empregado de NGB por unha presunta fraude millonaria. Trátase de esclarecer como desviou os cartos a contas da sua propiedade. Os defraudados son institucións e particulares. Ao parecer prometíalles colocar os cartos en fondos moi rendibles, pero non chegaba a ingresalos // Fitur, o gran escaparate internacional do turismo, abre as súas portas. Galicia promociónase na feira madrileña como un destino ecolóxico e sostible, baixo o lema "Galicia, o bo camiño". O expositor institucional, acollerá daquí ao domingo, 25 presentacións para profesionais do sector. 22/01/14