A nai de Diana Quer rompeu hoxe o silencio que viña mantendo nas últimas semanas respecto á desaparición da súa filla, hai un mes, na Pobra do Caramiñal. Insistiu en pedir a colaboraciòn cidadá, en busca de calquera detalle que axude na investigación // O Tribunal Supremo estuda hoxe o recurso de casación interposto polas defensas de Rosario Porto e Alfonso Basterra contra a sentenza que os condenou a 18 anos de cárcere por asasinar a súa filla Asunta cun plan acordado polos dous.Un recurso que analiza o alto tribunal xusto cando se cumpren tres anos da morte da nena // Vendas récord do grupo textil Inditex. No primeiro semestre fiscal do ano superaron por primeira vez a barreira dos 10 mil millóns de euros, un 11% ca un ano antes. A compañía de Amancio Ortega conseguiu así aumentar o beneficio nun 8% ata os 1.256 millóns de euros ata xullo. 21/09/16