A Xunta pon en marcha un plan de inspeccións no sector turístico para tentar evitar o intrusismo, a publicidade enganosa e as fraudes na restauración. // Esta tarde vaise saber a cantidade que necesita NovaGalicia Banco, dentro do crédito concedido a España para sanear as entidades en situación difícil. // Protestas dos traballadores da Xunta contra os recortes e a privatización de servizos públicos. // Un colexio de monxas de Ourense pretende vender os libros de texto do curso que ven no propio centro, algo que está prohibido por lei. // Últimos preparativos en Lugo para a úndecima edición do Arde Lucus, a festa de recreación do pasado romano da cidade. // Todo listo para o concerto de Björk en Santiago. (21/06/12)