O turismo galego calcula perdas de 2.500 millóns de euros e a destrucción de trinta e dous mil empregos, pola crise sanitaria. Unhas cifras que, advirten, poderían duplicarse se as restriccións se manteñen todo o ano // Unha ducia de produtores de pataca da comarca ourensá da Limia xúntanse para vender por internet a clientes de toda España cinco millóns de kilos que lles sobran polo peche dos restaurantes. Non dan abasto cos pedidos // Tiñan novos espectáculos preparados cando chegou o estado de alarma. Coa posible suspensión das verbenas no verán, está no aire o futuro de máis de 160 orquestras galegas. Moitas viven únicamente das festas en vilas e aldeas. (21/04/2020)