O príncipe de Asturias inaugura na cidade da Cultura de Galicia a mostra Auga Doce, que honra este elemento imprescindible para a vida humana e natural // Días decisivos para o futuro de Pescanova, que corre serio perigo de liquidación. O proceso concursal entra nunha nova fase na que os acredores van decidir se aceptan o convenio que propón o consorcio liderado polo grupo Damm ou deixan que a compañía pesqueira entre en liquidación // Cruce de querelas no Concello de Ourense. Tralas denuncias xudiciais da oposición (a última onte mesmo), a concelleira de urbanismo, do PSOE, denunciou hoxe á xunta de goberno de 2006, do PP. Acúsaa dun posible delito de prevaricación administrativa por adxudicarlle, segundo eles sen concurso, un contrato á empresa do actual edil de Democracia Ourensana Gonzalo Jácome, por importe de 61.000 euros. 21/03/14