Segue a investigación da desaparición de Sonia Iglesias na que hoxe prestará declaración o home que era a súa parella cando desapareceu hai case sete anos e medio // O Presidente da Xunta asegurou no Parlamento que Galicia foi a primeira comunidade no tocante a adxudicacións de obra pública na sesión de control // O vicepresidente da Xunta dubida da vontade negociadora dos sindicatos para desconvocar a folga nos xulgados que cumpre dúas semanas // Localizan nun tren camiño de Suiza a unha menor de Culleredo da que súa nai non sabía nada dende o luns // O concello de Ribadeo pide axuda á Xunta para cumprir a lei que prohibe que haxa pinos e eucaliptos a menos de cincuenta metros de zonas urbanizadas. 21/02/18