O exdeán da Catedral de Santiago, José María Díaz, deixou entrever que unha vinganza do ex electricista Manuel Fernández Castiñeiras, podería ser o motivo do roubo do Códice Calixtino. Dixo no xuízo polo roubo do códice, que Castiñeiras lle pedía que o indemnizase con 40 millóns das antigas pesetas, por telo despedido e por non telo feito traballador fixo do templo // Toda a costa galega está en alerta laranxa por ondas que superan os seis metros. Ao norte en Estaca de Bares xa chegaron os sete metros e medio. Ao temporal no mar hai que sumar as mareas vivas co que preocupan os danos que poida provocar en portos e paseos marítimos a preamar prevista para dentro dunha hora // A Xunta destinará 100 millóns de euros para mellorar o acceso a banda larga ata 2020. Quere conseguir velocidades de conexión de 30 megas no rural e ata 200 nas cidades. A día de hoxe o 98% da poboación dispón de cobertura para conectarse á internet. 21/01/15