Acabouse este tempo case primaveral que estivemos disfrutando, no que vai de outono. Esta noite entrará a primeira fronte dunha sucesión delas que van facer caer as temperaturas e traer choivas e friaxe. O enfriamento notarase aínda máis o domingo, cando está previsto que as precipitacións poidan ser de neve por riba dos mil metros. Involucrar a toda a sociedade na loita contra a violencia machista. É o obxectivo da última campaña da Xunta de sensibilización para erradicar esta lacra social. No primeiro semestre de 2015 presentáronse 2.600 denuncias por malos tratos en Galicia e dictáronse medidas de protección para 721 mulleres. 6 foron asasinadas. Todo está xa preparado para derbi de mañá, entre o Deportivo e o Celta, en Riazor. O partido, declarado de alto risco, será vixiado por un dispositivo de 400 persoas, entre elas 200 axentes de policía que empezarán a despregarse xa esta noite. (20/11/15)