Sanidade comunica hoxe 1.783 casos activos de covid en Galicia. Son 160 máis que onte. Un aumento impulsado especialmente por un gromo descuberto na residencia do Incio, con 69 positivos // Resposta masiva dos mozos de Melide ao chamamento para facer case un milleiro de probas do coronavirus. O brote na zona mantense en 17 positivos // Hostalería e lecer nocturno piden axudas para compensar as perdas pola diminución e o peche da súa actividade. Os hostalerios de Pontevedra lanzan os "consultores covid", que asesoran aos negocios sobre os protocolos de hixiene e aportan confianza aos clientes. 20/08/20