O sector turístico espera bater marcas de visitantes este verán. Calcula que en agosto moitas zonas terán unha ocupación media do 85 por cento, a máis alta dos últimos anos Santiago batiu récords de turistas o primeiro semestre. O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Fernández Leiceaga, considera que a decisión da deputada Carmen Gallego de non ir nas listas para as autonómicas non ten sentido. Gallego acusa a Leiceaga de sectario. Galicia será a primeira comunidade en aplicar un proxecto de innovación no eido do avellentamento da poboación, dotado con 13 millóns de euros. A planta de Citroen, en Vigo, prepárase para lanzar a finais do ano que ven as K9, a nova xeración de furgonetas comerciais lixeiras. (20/07/16)