Un dia moi agardado para máis de 350.000 alumnos galegos, que hoxe inician as vacacións de verán. Unha xornada de festa na maioría dos centros escolares, ainda que tamén de despedidas e bágoas polos que deixan a escola // Xa coñecemos a primeira valoración do Presidente da Xunta do discurso do novo Rei, Filipe Sexto, na súa proclamación, á que asistiu. Núñez Feijóo calificouno de impecable e destacou o respeto que o monarca amosou polas comunidades autónomas // Remata a instrucción do caso polo asasinato da pequena Asunta Basterra. 9 meses despois do crime o xuiz José Antonio Vázquez Taín rexeita practicar máis probas solicitadas pola defensa de Rosario Porto e Alfonso Basterra, os únicos imputados, por consideralas innecesarias e abusivas. As partes teñen que presentar agora os seus escritos de acusación e defensa e pronunciarse sobre a apertura de xuízo oral. 20/06/14