Os traballadores dos estaleiros privados da Ría de Vigo secundan hoxe a folga convocada en toda España no Sector.Reclaman a implicación das administracións para lograr unha resolución favorable ao expediente sobre os incentivos fiscais (o tax lease) que non obrigue a devolver as axudas recibidas entre os anos 2002 e 2011 // A Xunta aproba incentivos para facilitar e abaratar a compra de chan industrial, prevendo vendelo entre un 20 e un 25% máis barato que agora; tamén dando facilidades de pago. É un dos acordos dun Consello tralo que Núñez Feijóo calificou de histórico o aumento das exportacións da empresas galegas, no pasado mes de abril // Unha empresa de Lugo, dedicada á biotecnoloxia, abre novas e mais amplas instalacions no poligono lugués do Ceao, debido ao seu elevado crecemento. AMSLAB, equipada con alta tecnoloxia, fai análises para os sectores agroalimentario, medio ambiental e farmaceutico. No ultimo ano multiplicou por tres a facturacion e por 5 o seu cadro de persoal. 2