Don Xoan Carlos asiste á regata na que participa o Bribón, rodeado dunha cobertura mediática inusitada, Co seu amigo Pedro Campos, en Sanxenxo, onde pasará toda a fin de semana, antes de verse, o luns, con Filipe VI, en Madrid. // Cúmprese un mes dende que se eliminou a obriga da máscara en interiores. A incidencia da Covid mantense estabilizada, con cerca de 12.000 casos activos, e 1.090 novos contaxios no último día. Os pacientes ingresados quedan en 657 dos que 27 permanecen nas UCI. // Esta tarde comeza a veda do polbo en toda a costa galega, por medio de calquera arte, ata o 5 de xullo. A medida foi acordada entre a Consellaría de Pesca e as confrarías, dentro do plan experimental para axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie. // 20-05-22