As nosas cidades e comarcas amosan en Fitur os atractivos polos que, cada vez, mais visitantes se achegan a Galicia, buscando sobre todo gastronomía e paisaxe, tal como lembrou o Presidente da Xunta, que esta mañá visitou o stand galego // Galicia rexistra as temperaturas mínimas máis baixas en máis dunha década. En Lugo a pasada madrugada foi a máis fría dos últimos dez anos cos termómetros con máis de sete graos negativos. Empézanse a notar os efectos da inusual ausencia de choivas deste inverno. Unha seca que xa levou ao goberno da Xunta a pedir que se modere o consumo de auga. 20/01/17