Morre un mozo de 24 anos en Vila de Cruces, polo disparo dun compañeiro durante unha batida contra os xabarís, e outro de 21, ao disparáselle a súa escopeta mentres cazaba en Vilalba. // Comeza unha folga de fame para pedir que coa entrega da súa vivenda remate a débeda que ten co banco. Está no paro, non pode pagar a hipoteca nin vivir no piso, por falta de recursos para afrontar os gastos. // Moitos xa o ven como o futuro vicepresidente da Xunta, pero Alfonso Rueda, ata agora conselleiro de Presidencia, evita comentarios sobre o seu papel no novo goberno galego. // O sector da alimentación ecolóxica aumentou mais dun once por cento durante o último ano, a pesar da crise. Esta fin de semana mostráronse en Arzúa as principais novidades dos produtos naturais feitos en Galicia. // Empate a uns do Celta contra o Mallorca en Balaídos, a pesar do mellor xogo dos de Vigo, e derrota cero a dous do Deportivo fronte ao Levante, nun partido cheo de incidencias. (19/11/12)