Novo revés xudicial para Ence. A Audiencia Nacional acaba de estimar o recurso que presentou a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra contra a prórroga que concedera á pasteira o anterior goberno do PP. // O tribunal pronúnciase na mesma liña que ante os recursos presentados por Greenpeace e o concello de Pontevedra, tamén estimados Coa tempada da esmelga chegando ao seu fin, todo apunta a que a produción de mel será menor cá do ano pasado. Nós estivemos en Alfoz, onde dous amigos con cadansúa explotación apícola fan dos mellores meles do mundo. Son da nova xeración de apicultores galegos e acadaron a máxima distinción en Galicia e das máis altas a nivel internacional. // Dezaoito anos despois, un libro en galego é recoñecido co Premio Nacional de Narrativa...Desta vez cunha historia, "Virtudes e misterios", sobre a emigración narrada coas vivencias da avoa do autor, o xornalista Xesús Fraga. // 19-10-2021