O proxecto de orzamentos da Comunidade autónoma para o ano que vén supón un aumento de 365 illóns de euros, respecto ao presente. Contén un 14 por cento máis de investimentos, e a axuda de 100 euros ao mes para a maioría dos nenos que nazan a partir de xaneiro // Comeza a campaña de vacinación da gripe. Sanidade distribuirá en Galicia máis de medio millón de doses nos 900 centros sanitarios onde se administrará nos próximos dous meses. Por iso recomendan non saturar as consultas estes primeiros días // O teléfono de Rosario Porto recibiu unha chamada dende o seu piso, na tarde na que desapareceu Asunta, media hora despois de que a nena saíra da casa do pai e antes de que as cámaras de seguridade a detectaran no coche da nai, camiño do chalet de Teo. 19/10/15