Declaran no xulgado as últimas testemuñas citadas polo xuiz que investiga o accidente ferroviario de Angrois. Fixérono o garda de seguridade privada que viaxaba no tren, o maquinista que trouxera o alvia dende Madrid, ata Ourense e o operario de renfe que viaxaba ao carón do interventor que fixo a chamada que o maquinista accidentado atendía ata poucos segundos antes do sinistro.continúa activo, ainda que xa estabilizado e sen lapas ,o lume declarado en Vilamarin, preto de Ourense e que queimou unhas 200 hectáreas.A Consellería considera claramente intencionados os incendios que se declararon nas últimas horas. Só no Barco de Valdeorras houbo 20 conatos nunha noite onde unha persoa foi detida acusada de telos provocado.Os traballadores do hospital concertado vigués POVISA comenzaron hoxe unha folga indefinida contra unha rebaixa salarial que os sindicatos cifran nun corenta por cento. Un paro que non é secundado polos médicos.A dirección calcula que parou o quince por cento do