Cara o aeroporto de Peinador, en Vigo, diríxese arestora o avión privado que trae ao rei emérito dende Abu DAbi. Tal como confirmaron fontes oficiais, Ven pasar uns días en Sanxenxo, que se convirte en centro da maior atención mediática. // O BNG critica que don Xoan Carlos volva a Sanxenxo, despois de deixar España, din, polos seus problemas con Facenda. Os socialistas demándalle que pida desculpas aos cidadáns. // A Ministra de Política Territorial, Isabel Rodríguez, refeiuse hoxe na Coruña á visita de rei emérito e pediu respecto para as decisións privadas de Xoan Carlos I. // Hoxe estréase Rapa, a serie de Pepe Coira e Fran Araújo, rodada íntegramente en localizacións de Cedeira e Ferrol. Trátase dun thriller que conta a historia do asasinato dunha alcaldesa, envolto nunha trama de corrupción. 19-05-22