O presidente do Celta quere que o estadio de Balaídos pase a ser do clube como condición para seguir a fronte do equipo, que interesa a un grupo empresarial chinés // Os peritos da aseguradora de Renfe insisten en que o risco na curva, na que morreron 80 persoas, era intolerable e que non se fixo unha analise integral, que era obrigatoria // Os deputados do PP comprométense a deixar as actas no caso de seren procesados // O alcalde da coruña, Xulio Ferreiro, pídelle ao PsdeG que faga xestos que garantan que quere entrar nun goberno municipal. // O buque escola da Armada de Indonesia recibiu o seu primeiro baño de mar no estaleiro vigués Freire. É un dos mais modernos do mundo // Catro rutas do viño galegas adoptan unha marca común, "Enoturismo Galicia", para facer máis forte e competitivo o turismo baseado na cultura do viño // Mondoñedo celebra As San Lucas, como desde hai 860 anos, co protagonismo para os cabalos. 18/10/16