Prestan declaración nos xulgados de Santiago os dous primeiros imputados de ADIF polo accidente de Angrois. Son o xefe de seguridade na circulación e o xerente da seguridade na circulación na zona noroeste. O xuiz imputalles un delito de imprudencia por non garntir a seguridade na zona do descarrilamento. Mañá van prestar declaración os tres inspectores de adif tamén imputados // O FROB non pon obstaculo á entrada de capital extranxeiro na compra de NOvagalicia BANCO, que pode estar vendido para finais de outubro. O Director Xeral do FROB considera o interese de investidores foraneos coma un espaldarazo ao sector financieiro español // Un xulgado de Vigo comenza hoxe a investigar a denuncia dunha moza que cre que é unha nena roubada. Quere demostrar que non foi entregada nunha casa berce e que os seus pais adoptivos pagaron a factura do hospital público no que naceu. 18/09/13