A Xunta envía alegacións contra a orde ministerial que inclúe ao lobo no listado de especies silvestres en réxime de protección especial. A conselleira de medio ambiente aposta por outras medidas para protexer tanto aos animais como ás explotacións gandeiras. // A nova estación de tren de Santiago, un proxecto cun valor estimado de 28 millóns de euros que mestura a estación antiga coa moderna foi presentado hoxe.. O novo edificio de viaxeiros, conectado coa pasarela peonil, incluirá os servizos comerciais. O contrato tamén contempla un novo aparcadoiro de 460 prazas. // O celtismo está de celebración. Eduardo Coudet renova o contrato e adestrará o equipo vigués ata o 2024. Chegou en novembro do ano pasado para revitalizar e introducir o sentimento de afouteza nos xogadores. Rescatou o equipo do último posto e deixounos a un suspiro do soño europeo, na oitava posición. 18-06-2021