Dispositivo de seguridade discreto, en Sanxenxo, á espera da chegada Xoan Carlos I dende Abu Dabi. Pedro Campos confirma que quedará aloxado na sua casa. Asistirá á regata na que participará o Bribón, e non se descarta que forme parte da tripulación. // Terceira xornada de folga no sector do metal da provincia da Coruña. Preto de 5.000 persoas, segundo os convocantes, maniféstanse na Coruña en demanda de melloras para os traballadores do sector. // ENCE anuncia un investime nto de 395 millóns de euros na factoría de Pontevedra para mellorar as instalacións en materia de eficiencia enerxética. // Falece o escritor vigués Domingo Villar, que ingresara o pasado luns no Hospital Alvaro Cuqueiro tras sofrir unha hemorraxia cerebral, tal como confirmaron fontes da Editorial Siruela coa que traballaba. 18-05-22