O Presidente da Xunta convoca oficialmente para o 12 de xullo as eleccións previstas para o 5 de abril e que foron suspendidas pola crise sanitaria. Feijóo di que a data, que coicidirá co País Vasco, é a máis recomendada polos expertos. A campaña durará 15 días como é habitual, ainda que estará condicionada polas medidas de prevención da pandemia.// Os concellos de menos de 10.000 habitantes comezan a aplicar a eliminación das franxas horarias para sair pasear, anunciada polo goberno. Tamén dende hoxe poden abrir os comercios de máis de 400 metros e permitense as rebaixas nas tendas físicas.// Os museos intensifican as súas actividades nas redes para celebrar o seu día internacional. O MARCO de Vigo destaca na súa oferta unha visita virtual pola vida e a obra de Manuel Colmeiro. 18/05/20