A consternación  que se vive na localidade coruñesa de Coristanco quedou patente hoxe no Concello, onde se gardou un minuto de silencio e se decretaron dous días de loito oficial. Toda a zona está impresionada, logo da morte dun meniño de dous anos, atropelado cando cruzaba unha estrada local, situada fronte á casa dos seus avós.    A Garda Civil investiga a  morte dun ciclista de 41 anos que pereceu, en circunstancias aínda sen aclarar, na localidade de Cambre.  As primeiras hipóteses apuntan a que puido caer e bater contra a calzada  pero non se descarta que houbera algún coche implicado.   A vitoria do Deportivo por dous goles a cero, en Riazor, fronte ao Levante, dalle azos ao equipo coruñés para seguir pelexando pola permanencia ata á  última xornada de liga.  Agora está obrigado a puntuar, fronte ao Barcelona, o Sábado, para non depender dos resultados de terceiros. O TEMPOA influencia dunha borrasca traerá ceos anubrados e chuvias no norte de Galicia. As temperaturas máximas des