Os traballadores das ambulancias de Galicia comezan hoxe o segundo tramo da folga en demanda de melloras laborais e salariais // Anova e outros partidos que concorreron como En Marea nas anteriores xerais apuntan a unha confluencia alternativa, mentres Luis Villares rexeita repetir a fórmula nas próximas eleccións xerais // A xunta propón anular o convenio entre o goberno central e Audasa, a concesionaria da AP-9, para evitar as subas de peaxes previstas para os próximos anos // Iago Aspas recae da súa lesión muscular e volve estar de baixa por tempo indefinido, co Celta a só un punto dos postos de descenso // Na Segunda División, terceira derrota consecutiva do Lugo e empate do Depor, a só un punto do ascenso directo // Unha exposición retrospectiva reúne en Ourense 120 esculturas do canteiro Antón Faílde (18/02/19)