Esta tarde comeza, na Coruña, a final da copa do rei de Baloncesto. Faino co encontro entre o Barcelona e o Bilbao Basket que retransmitirá Televisión Española pola canle Teledeporte, a partir das 19 horas. A cidade acolle estes días á elite española do deporte da canastra // A Xunta aproba un programa para atraer proxectos tecnoloxicos, que superen os 50 millons de euros de investimento. O goberno galego apòrtará unha subvencion de entre o 25 e o 40% do investimento total. O conselllo tamen aprobou o decreto para facer o censo de vivendas baleiras propiedade dos bancos para poder destinalos a fins sociais // Un xurado popular delibera xa para decidir o veredicto sobre Jose Luis Cortiñas que confesou ter matado a coiteladas a súa muller Lupe Jiménez en 2014 porque alega que lle dixo que estaba embarazada doutro home. O xuízo rematou hoxe a porta pechada despois de que a familia da falecida agredise ao acusado na vista de onte. 18/02/16