Unhas 200 persoas impiden, polo de agora, o desafuizamento dunha anciá de 85 anos do piso no que vive, na Coruña. A muller ten a vivenda alugada. // O Concelleiro de Seguridade de Santiago, Albino Vázquez, presenta formalmente a súa demisión, tras quedar en liberdade baixo fianza no marco da operación Manga. // A CIG presentou máis de dez mil sinaturas de profesores contra o proxecto de lei de reforma educativa do Ministerio ao que acusan de perxudicar á educación pública e ao ensino do idioma galego. // Investigadores da Universidade de Vigo lanza un globo estratosférico para comprobar como responden a trinta kilómetros de altura pezas e sistemas que se instalarán en pequenos satélites. // Paco Herrera parece ter as horas contadas no Celta. A falta de confirmación ofical, o presidente e o director deportivo do Club estaría negociando en Madrid substituilo por Abel Resino. 18/02/13