Sinaturas contra as taxas xudiciais, que se comezan a cobrar hoxe. A partir de agora vai custar entre 100 e 1.200 euros acudir á xustiza, en función do tipo de demanda e de cantas veces se recorra a sentenza. // Un ourensán gaña no Gordo da Primitiva 10 millóns seiscentos mil euros. O único acertante do premio de primeira categoría, do que non se coñece a identidade. // Unha ducia de sociedades científicas de Galicia engádese a un documento para defender a eficacia das vacinas. Médicos e científicos insisten na necesidade de protexer a poboación mediante as campañas de vacinación. // Deportivo e Celta teñen cita de Liga esta tarde, o Depor en Riazor fronte ao Valladolid, e o Celta en Balaídos contra o Betis. Os dous están necesitados de puntos. // A partir de mañá volveremos atopar nos mercados vieira fresca de Galicia. A campaña comezou esta mañá na Ría de Arousa, xusto a tempo para o Nadal. 17/12/12