Chegou a choiva e parece que vai ir a mais. A fronte que acaba de pasar só trouxo alguns orballos ás zonas da Coruña e Pontevedra próximas ao atlántico e, detrás, só queda aire fresco que chegou con el, pero, mañá pola noite e mais o venres as precipitaciòns poden ser máis intensas e xeralizadas // As tronadas do pasado luns causaron graves danos na Ribeira Sacra. A afectada é unha pequena zona do concello de Sober, nas escarpadas pendentes sobre o río sil. Alí, mais dun cento de viticultores viron como a sarabia lles estragaba os seus viñedos e arruinaba, case na súa totalidade, a colleita deste ano // Cangas preparase para recibir mañá a Teresa Portela despois de conseguir nos xogos de Río o seu quinto diploma olímpico ao quedar sexta na final do K1 200 metros // A que segue pelexando por conquistar outro outro olímpico é a ourensá Támara Echegoyen, líder con Berta Betanzos na forinainer coa que disputa mañá a medal race. 17/08/16