Asaltan un matrimonio da Peroxa ao que lle entran de noite na casa, rouban cartos, golpean e deixan pechado nunha adega.  En Lugo oito persoas están imputadas nunha investigación por suposto roubo de bebés. A Xunta aproba promocionar a industria da biomasa e eximir do pago polo segundo fillos nas garderias da Xunta ás familias con menos recursos. Chegan á Coruña os 169 pasaxeiros que voaban desde Londres, pero 26 horas despois do previsto, agardando en Heathrow. Abundan os alugueiros de apartamentos durante o verán, prevendo superar o nivel de ocupación de 2013. No verán aumenta a demanda de polbo. De momento hai menos capturas e tamén menos prezo. (17/07/14)