Os nenos de Xinzo de Limia, anticiparon esta mañá o ambiente que se vai vivir nesta e noutras moitas localidades de Galicia durante os próximos días. Comeza o Entroido. // Un de cada tres galegos chamou o 061 no último ano. O servizo de urxencias recibiu máis dun millón de chamadas en 2011. // Nace en Pontevedra "Redeaxuda", unha web solidaria para que os cidadáns coas entidades sociais e ONGS. // O Parque Tecnolóxico de Galicia celebra o seu vinte aniversario cunha xira para divulgar as disciplinas científicas entre os nenos. // Expectación e discreción en Cambre na véspera do que xa lle chaman o casamento do ano en Galicia. Mañá van casar neste pazo Marta Ortega, a filla do fundador de Inditex, co xinete asturiano Sergio Álvarez. 17/02/12