A disolucion de ETA e desmantelar Resistencia Galega son as prioridades para os corpos de seguridade do estado adicados á loita antiterrorista, segundo asegurou en Vigo o director xeral da policia, Jose Ignacio Cosidó. Engadiu que tamén son terroristas os que apoian e financian os atentados // Segundo día de declaracións ante a Audiencia Nacional dos exdirectivos de Pescanova, acusados de estafa e falsidade documental pola súa actuaciòn na quebra da multinacional Pesqueira. Hoxe foi o turno do exconselleiro da compañía, Alfonso Paz Andrade // As reformas tributarias centran as prospostas de resolución que os distintos grupos presentaron no Parlamento, dentro do Debate sobre o EStado da Autonomía // No momento de sofrir un infarto o mais importante é unha reanimacion rapida e ben feita. Uns 200 escolares aprenderon hoxe en Santiago a facelo. Unha técnica que non domina nin o 10% da poboación, pese a que pode salvar vidas. 16/10/13