O temporal de vento e choiva deixa máis de duas centas incidencias, sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra. Cinco vos foron desviados entre por ventos fortes. Hoxe o principal problema está no mar // Os gandeiros analizan esta tarde que camiño serguir nas súas mobilizacións, logo de cinco días de bloqueo ás industrias transformadoras de leite. No Parlamento, o presidente da Xunta animou aos gandeiros a que se sumen ao acordo coa industria e a distribución que, dixo, contén as máximas disposición legais para conseguir un mellor prezo do leite. O BNG considera demasiado inconcreto o texto e reclamou a Feijóo una acción máis decidida // Alta hospitalaria para un dos catro feridos no Rally da Coruña. Os demáis seguen ingresados e evolucionan favorablemente // Esta tarde celébrase unha misa na catedral de Santiago en memoria da peregrina estadounidense  asasinada hai cinco meses cando realizaba o Camiño na zona de Astorga. 16/09/15