A Xunta comprométese a apoiar fiancieiramente a Alcoa se o goberno central garante un prezo competitivo da Enerxía. Así o indicou o presidente Nuñez Feijóo na xuntanza co Comité de Empresa. A dirección da compañía preve comezar esta semana a negociación dun expediente de regulación de emprego que afecta a 534 traballadores // Unhas 40.000 persoas recibirán en Galicia o Ingreso Mínimo Vital ao longo deste ano, según a estimación do goberno. A partir da próxima semana comezará o pagamento das primeiras prestacións aos 5.000 casos considerados máis urxentes // Correos aumenta o persoal en Galicia con 340 contratos para afrontar o incremento de solicitudes de voto para as eleccións do 12 de Xullo, nas que por primeira vez se poderá participar sen ter que sair da casa. Hoxe remata o prazo de solicitude para os residentes no exterior. 16/06/20