En Outeiro de Rei, en Lugo, na Casa Museo de Manuel María, celebrouse o acto central do Día das Letras Galegas, adicado ao Poeta da Terra Chá. Alí, a Real Academia Galega lembrou ao autor dunha das obras máis populares da segunda metade do século vinte // Milleiros de manifestantes reivindicaron, nas rúas de Santiago, o dereito a vivir na lingua propia de Galicia. Unha manifestación encabezada cunha pancarta co lema "O idioma é vida", sacado dun verso de Manuel María, convocada pola plataforma "Queremos Galego" e na que participaron representantes políticos das forzas nacionalistas // Pasan a disposición xudicial os sete detidos polo tiroteo acontecido o pasado domingo ás portas do hospital de Ourense. Son todos membros dunha mesma familia de etnia xitana que reside no poboado da Fontela de Maside. 16/05/16