Chamamento a tranquilidade dos especialistas, sobre a vacina de AstraZeneca, que recibiron ata agora cerca de 100.000 persoas en Galicia. A Xunta di que ten previsto administrarlles a segunda dose se as autoridades europeas non indican o contrario. // A Audiendia da Coruña acusa de detención ilegal aos dous axentes de policía que arrestaron ao capitán do Deportivo Alex Bergantiños o pasado 5 de agosto. // O director de cine Oliver Laxe colleu a cámara de novo nos Ancares para apoiar á cooperativa A Carqueixa. Laxe dirixiu unha serie de vídeos promocionais do que chama gandería heroica no que os gandeiros desta cooperativa e a súas vacas son os protagonistas.// Afundación, a obra social de Abanca, expón en Vigo "A vida lenta". Un percorrido audiovisual pola memoria do rural galego do século vinte, que convida a reflexionar sobre o futuro das nosas aldeas. 16-03-2021