Seguimos pendentes do mar. O vento e as ondas que en algúns casos superan os nove metros obrigan a prácticamente toda a flota pesqueira de baixura a permanecer amarrada en porto. // O sector pesqueiro rexeita os recortes de cotas en augas comunitarias que propón a comisión europea. Pide un reparto de cupos acorde ao estado dos caladoiros. // O consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto para modernizar o complexo hospitalario de Ourense, que vai supor un investimento de 135 millóns de euros. // Novas protestas dos profesores contra os recortes na educación pública e a ampliación do horario lectivo. // Germán Díaz, un dos máis prestixiosos intérpretes de zanfona e estudoso deste instrumento en España. Cambiou a cidade polo campo para compaxinar a súa actividade musical coa cría artesanal de capóns en Cospeito, Lugo. 15/12/11