Os alumnos de secundaria e bacharelato empezan hoxe o curso. 14/09/16 Son os últimos en voltar ás aulas, logo de que xa o fixeran os de primaria e na universidade. Regresan ás aulas dos institutos mais de 146 mil alumnos, dos que 14 mil son adultos que estudan de xeito semipresencial ou a distancia // A Xunta aprobou o plan que permite axeitar o parque empresarial de Vigo onde está Citroen ás necesidades desta empresa. É un dos acordos do consello desta mañá. O plan aprobado facilita facer cambios no parque empresarial de Balaidos para atender as necesiades de Citroen e das industrias auxiliares da automocion // A Garda Civil detivo na provincia de Pontevedra seis presuntos integrantes dunha rede internacional dedicada ao roubo de vehículos de luxo, que posteriormente eran vendidos no Norte de África. Foran roubados en Bélxica, Portugal, Francia e, principalmente, Italia. 15/09/16