Un home da localidade coruñesa de Outes enfróntase a unha pena de dez anos, acusado de tentar matar a súa exparella. Levaba cinco coitelos ao ser detido, preto do traballo dela, da que tiña unha orde de alonxamento.  O  presidente da Xunta preguntoulle ao portavoz parlamentario do BNG se este quere protexer ou pechar  a factoria papeleira ENCE, en Pontevedra, e sobre a que o alcalde da cidade, do Bloque , defende o seu traslado. O portavoz nacionalista criticáralle a Nuñez Feijoo que Galicia sexa a comunidade que menos crece. O presidente sinalou, no debate sobre Ence, que Pontevedra é a cidade galega con máis paro.  Os sindicatos agrarios critican ás industrias envasadoras ,ás que acusan de TIRANÍA respecto aos gandeiros .Din que lles impoñen as condicións dos contratos e que os obrigan a suministrarlles o leite a prezos por debaixo do custe de producción. (15/04/15)