Os xogadores do Deportivo e do Celta xa están na Coruña, cada equipo concentrado no seu hotel. Un partido, que tén a tensión de poder supor a salvación para calquera dos dous, o Dépor derradeiro e o Celta penúltimo // Máis de 30 mil siareiros estarán nas bancadas de Riazor para presenciar encontro e desenlace // Xunta e Consello Xeral do Poder Xudicial ultiman a aplicación do convenio polo que os xuíces quedarán habilitados para paralizar provisionalmente os desafiuzamentos, co fin de que o Goberno autónomo poida ofrecer vivendas sociais aos afectados, en casos de especial vulnerabilidade. A Xunta vai estudar o fallo do Tribunal superior de xustiza de Galicia que invalida os concertos educativos cos 5 colexios que separan os alumnos por sexos antes de decidir se o recorren ou non // Os Paradores de Tui, Verín e Vilalba figuran entre os 11 de toda España que reabren hoxe, logo do periodo de peche por vacacións que se prolongaba dende o pasado 21 de xaneiro. 15/03/13