A neve tomoulle o relevo a outras inclemencias meteorolóxicas e causou problemas para circular nas últimas horas por estradas de montaña de Lugo e Ourense. Na provincia lucense estivo cortada a estrada no alto do Poio, entre o Cebreiro e Triacastela e, na autovía do noroeste, houbo grandes dificultades para circular ente Becerreá e Pedrafita // Máis de 250 incidencias atendeu o 112 este luns. Ás intensas chuvias que provocaron desprendamentos, por exemplo, na A provincia de Pontevedra A N-555 aínda mantén un carril cortado por unha avalancha en Redondela // Condenado a 6 anos de internamento o menor acusado da morte de Jimmy, o seguidor do Deportivo. O xulgado nº4 de menores de Madrid tamén lle impón unha pena de dous anos de liberdade vixiada por un delito de homicidio, tenza ilícita de armas e pola rifa tumultuaria na que morrera o siareiro galego. 15/02/16