A Xunta vai investir 125 millóns de euros, de aquí ao 2.020 na construcción de novos centros educativos e na reforma e dotación dos xa existentes. E un dos acordos dun consello que tamén decidiu convocar un concurso de ideas para transformar o antigo hospital xeral de Vigo en futura cidade da xustiza // Dous Exmilitantes de Esquerda Unida en Ferrol aseguran que foron expulsados do partido por denunciar na policía en 2009 que un dos ordenadores da súa sede fora usado para visionar pornografía infantil. Unha sede na que traballaba o asesor de AGE que foi detido esta semana por tenza e distribución deste tipo de material pedófilo // Nos puntos da costa norte da Ría de Arousa e a costa da morte onde bateron os tornados rexistrados na xornada de onte, os efectos destas trombas mariñas son bén visibles. Na Pobra do Caramiñal o máis afectado foi un bar de praia, na zona da Lombiña e tamén un pinar cercano. 14/04/16