O novo papa Francisco vai ser invitado a visitar Santiago, por ser desta cidade un dos berces da cristiandade e meta de peregrinación. O arcebispo compostelán, Julian Barrio transmitiulle os parabens pola sua elecion // O Consello de Administración de Pescanova analiza a situación financieira da empresa e deseña a estratexia para refinanciar a débeda. // A Xunta non vai recorrer as sentenzas do Tribunal Superior que anulan parte do decreto do galego no ensino non universitario. Alberto Nuñez Feijoo di que as acatará como una forma de oferta de pacto á oposicion sobre a lingua // O escritor Xosé Luis Méndez Ferrín fixo finalmente efectiva a súa demisión coma Presidente da Real Academia Galega. Fíxoo ante un plenario que lamentou a súa marcha e rexeitou a súa renuncia como membro numerario, unha vacante que non se cubrirá. 14/03/13