O home que confesou ter matado a seu pai, en Vigo, ingresa en prisión provisional comunicada e sen fianza acusado dun presunto homicidio // Pasan a disposición xudicial en Vilagarcía os pais dun bebé de 11 meses que resultou ferido durante unha liorta entre eles // Penúltimo día na negociación do Expediente de Regulación de Emprego para as prantas de Alcoa na coruña e Avilés // O Deportivo da Coruña baixa un posto, o Lugo empata e o Celta de Vigo entra en crise, a dous puntos do descenso // As obras do chamado "Curmán de Bansky" no centro de Lugo reabren o debate sobre a arte urbana anónima e sen permiso. 14/01/19