Galicia porá fin a próxima semana ao estado de emerxencia sanitaria vixente dende marzo de 2020. Un paso cara a normalidade, Ainda que as restricións non desaparecerán por completo. // O Presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, formalizou hoxe a presentación dos avais necesarios para a sua candidatura á secretaría xeral do PSdeG-PSOE. // Os casos activos baixan hoxe de 500, son 495, 13 menos que o día anterior e contabilízanse 31 contaxios novos. Nos hospitais son 45 os pacientes ingresados con covid, seis menos, e nove permanecen nas UCI. // Un dos violinistas con máis sona mundial, o libanés Ara Malikian actúa esta semana en Galicia. Nova xira,'Le Petit Garage' que é un percorrido sonoro por un mundo de pandemia. Acompañado ao piano por Iván Melón Lewis interpretarán as cancións do novo disco dende un punto de vista máis clásico. (13/10/2021)