Segue o ritmo intenso da vacinación, nunha xornada na que están citadas 35.000 persoas e entre 50 e 59 anos. A porcentaxe dos que recibiron algunha dose ronda xa, en Galicia, o 40 por cento do total. De seguir así, os expertos confirman que na metade do verán se poderá cumprir a previsión das autoridades de que non sex obrigatorio levar máscara na rúa. // Con bicos e globos celébrase hoxe o Día Internacional do Neno Hospitalizado, unha iniciativa para resaltar o esforzo dos profesionais sanitarios, voluntarios e docentes para facer máis conformables as estadias e os ingresos dos menores. // Hoxe é a festa da Ascensión, en Santiago, e a choiva non foi quen de frear a saida dos cabezudos polas rúas da cidade, os tradicionais persoeiros que datan do século XIX, cando rivalizaban cos xigantes do cabido da Catedral, e que foron recuperados nos anos oitenta. 13-05-2021