Os avogados da Unión de Garda Civís din que os axentes sí lle comunicaron por escrito á xuíza as sospeitas que tiñan sobre o marido da muller asasinada en Ourense, no Hospital, mentres se recuperaba dunha agresiòn anterior // O Dominio "Punto Gal" vai ser a partir de agora o lugar de referencia en internet para a administración galega. Usarano tódos os enderezos de correo electrónico da xunta e identificará  as iniciativas autonómicas na rede // Unha galega na final da Champions. A compostelá Verónica Boquete xogará mañá por segundo ano consecutivo a final feminina da máxima competición europea. O ano pasado quedou subcampiona de Europa co Tyreso de Suecia e nesta ocasión vestirá a camiseta do Frankfurt alemán. 13/05/15