O gasóleo subiu case un 4% en dúas semanas e está máis caro que nunca. De media xa costa un euro con 33 céntimos. Tamén subiu a gasolina ata o euro con 35. // Xosé Luís Armesto Barbeito toma posesión como novo reitor da Universidade da Coruña. // Unha muller logra parar un desafiuzamento e vivir de aluguer na súa casa, en Tui. // A Xunta seguirá este ano aplicando codia de eucalipto no encoro do Umia, en Caldas, para controlar a proliferación das cianobacterias. // Muxía vai promocionar os seus secadoiros tradicionais de congro como atractivo turístico. (13/01/12)